Saltar ao contido

Linguas iranias orientais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas iranias orientais
Falado en: Taxiquistán, Afganistán, Paquistán, China, Rusia e Nacións extintas
Rexións: Asia central, Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso, Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán e Fronteira do Noroeste; Cáucaso Iristán
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Linguas iranias orientais
Escrita: Alfabeto cirílico e escrita perso-arábiga
Status oficial
Lingua oficial de: Só 5 son oficialmente recoñecidas
Regulado por: Academia das Ciencias de Taxiquistán, Academia das Ciencias do Afganistán, Instituto das Ciencias do Iristán e Academia da Lingua e Literatura Persa
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas iranias orientais son un subgrupo das linguas iranias que emerxeron nos tempos do iranio medio (dende aproximadamente o século IV a.C.) A lingua avéstica é a miúdo clasificada coma iranio oriental temperán, pero isto é incerto.

Divídense en dúas ramas: a oriental setentrional e a oriental meridional. A pesar desta separación, as linguas iranias orientais forman un único dialecto contínuum conforme a unha innovación común.

En comparación aos dialectos iranios occidentais medios, os iranios orientais medios conservan a vogal final na última sílaba. Crese que as linguas iranias orientais se separaron das linguas iranias occidentais no curso de principios do segundo milenio a.C., e estaban situados preto da cultura Iaz.

A maior lingua irania oriental é o paxto con algo máis de 40 millóns de falantes, a principal lingua de Afganistán e Paquistán occidental.

Orientais setentrionais

[editar | editar a fonte]

O grupo oriental setentrional ten só tre membros activos en dúas áreas bastamente separadas, a lingua iagnobiana en Taxiquistán (descendente do sogdiano) e o diasistema da lingua oseta no Cáucaso en Iristán do norte (Rusia) e do sur (Xeorxia) (tamén coñecido e chamado Osetia), (descendente dos escito-sármatas). Estes son restos dun vasto contínuum etnolingüístico que percorría a maioría das estepas de Asia Central no milenio I a.C. A mesma lingua avéstica, o máis antigo testemuño da rama irania, é un membro deste grupo. Coa presenza grega en Asia Central, algunhas da maioría destas linguas orientas deixaron testemuña no seu período iranio medio, mentres que dende o oeste de Cazaquistán (ou Cazaquia) a través da estepa Póntica ata Ucraína case ningunha testemuña do extenso contínuum escito-sármata sobreviviu.

Orientais meridionais

[editar | editar a fonte]

O grupo oriental meridional inclúe unhas 16 linguas e dialectos, dúas xa mortas, (11 segundo estimación do SIL) falados por moitos pobos no norte e sur de Asia Central (o Pamir-Saricul e Afganistán). Cada subfamilia nesta lista ten subgrupos e linguas individuais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Compendium Linguarum Iranicarum, ed. Schmitt (1989), p. 100.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]